Fondo solidario
de libros de texto
e axudas para a adquisición de material escolar 

CURSO 2019/20

PRAZO: ATA O 21 DE XUÑO DE 2019.

Presentación:
 As solicitudes entregaranse:


· Preferiblemente por vía electrónica

nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros:  www.edu.xunta.es/fondolibros

a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

sede.xunta.gal


· Presencialmente

no centro docente no que estea admitido o alumno/a

para o curso 2019-2020


· En calquera dos lugares e rexistros establecidos

na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:
 

1. ANEXO I (orixinal e fotocopia)

dispoñible:
· No portal educativo,  www.edu.xunta.gal
· Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería.
· Na sede electrónica da Xunta de Galicia:  sede.xunta.gal
· Na Secretaría do centro educativo.

 

Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación,

referida á situación a 31 de decembro de 2017:


2. ANEXO II (orixinal e fotocopia)

Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.

 

3. LIBRO DE FAMILIA (orixinal e fotocopia)

Onde figuren todos os membros computables.


Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, resolución administrativa o xudicial que acredite a situación de acollemento...).

DE NON PERMITIR NA SOLICITUDE Á CONSULTA TELEMÁTICA DE DATOS,

DEBERÁN TRAER ADEMAIS:

Fotocopia do DNI ou NIE, Renda do 2017, grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia, percepción de pensión por incapacidade ou pensión de xubilación ou retiro por incapacidade (a 31 de decembro de 2017).
Máis información na páxina da Xunta de Galicia www.edu.xunta.gal/portal

e no DOG nº 94 (20/05/2019) www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0534-060519-0006_gl.html

NORMATIVA


1) FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e ESO. Terase en conta a renda per cápita da unidade familiar.


2) AXUDAS da Consellería PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS

(por non poder reutilizarse os destes cursos).
1º e 2º de Primaria (entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita).


3) VALE DE 50 EUROS PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR.

Todos os cursos. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros (ano 2017).


Nos tres casos, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.


Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar, ter devolto os libros (EN BO ESTADO) recibidos do fondo solidario). Está excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.